martes, 10 de febrero de 2015

De arranque de xenio a arranque de xenia


Sen máis meditación nin máis voltas ao deseño nin organización de contido nin arolas... expresarme nestes momentos éme tan necesario como que as miñas palabras-pensamentos cheguen onde teñan que chegar.

 

Xa está ben de argallar, agardar, calcular... Non, non me podo permitir un día máis de voltas sen materializar nada; xa chegou (de vicio, que dicía a outra).

 

A miña idea era crear un blog para apoiar un proxecto de promoción sanitaria que nos pedían no instituto; logo, cambiou un tanto o fondo porque firmei a baixa a unhas semanas de comezar o curso académico, pero -por supostísimo- continuaba coa miña idea: sabía que era boa, boísima, ademáis de moi precisa (aínda que bastante abstracta en plantexamento). O caso era que estaba motivada a máis non poder.

 

¿E que? Que nada é tan sinxelo como pode semellar na visualización... uf! Ben podía!!

 

Unha vez firmada a baixa e enfocada a traballar duramente pola miña conta recibín unhas cantas chamadas ata ser convencida de retirar dita baixa "porque sería unha pena... e hai prazas de sobra...", polo que si, fixen caso e retirei tal baixa firmada impedindo que se levase a cabo a miña desmatriculación "se acaso para a convocatoria extraordinaria me topase con forza".

 

¿Con forza? Semella que é algo que non me falta, certo? Sequera coido que é o que se fai ver nesta forma de narrar, e así é porque así son e me sinto; pero nada que ver coa eu de setembro-outubro (por non ir máis atrás).

Actualmente estou nun IMC de 18'8. Delgada pero saudable. Como en abundancia e fago algo de deporte con frecuencia. A principios de setembro estaba nun 18, indo de tanto en tanto ao ximnasio, no que me matriculei para me relaxar aparte de facer medrar o apetito. Límite "problemático", pero aínda traía a calma do verán, de estomballarme ao sol, de xogar cos pequenos, de gozar do lecer... Non morría coas ganas de que empezase o curso, todo o hai que dicir, pero topábame bastante ben... nerviosa, aínda que non ansiosa, enfocada, calmada en certa forma, igual resignada... pero ben, sobre todo tiña ganas de rematar o ciclo; o mesmo que comecei o curso anterior cun 19'6 de IMC que viña sendo constante antes de entrar naquel centro de estudos a titularme como técnica en dietética... Estaba perfecta de peso, de ánimo e de saúde; sempre mellorable, por suposto!

 

O caso, de setembro a novembro non me volvín pesar, polo que non podo dar datos exactos, pero tranquilamente baixei 1Kg/semana naquel inicio de curso, sen facer ningún exercicio físico máis ca baixar as escaleiras para coller o coche e ir ao instituto e volver subilas para me sentar no escritorio. (Se les isto e sentes envexa... fai favor e acude a un psicólogo, ou le algo de fisioloxía e entérate do malísimo que pode ser algo así para o corpo)

 

What's the point on this??? (Quedo a pensar e vexo como as mans me volven a tremer de forma bastante preocupante; pero ben, sequera vou sabendo cómo facer que paren. Movelas axuda bastante, así que continúo redactando o caso este...) ¿Por que tanta perda de peso? Resposta curta: ansiedade. Resposta longa: ganas de comer o mundo e ter un buche pequeño hahah Vaia, en serio... sería demasiado longa e isto é un blog, non un ensaio novelístico, ou novela ensaiística, ou calquera outro xénero por inventar! haha

 

O tema é que a ansiedade se reduciu notableme nada máis deixar de asistir a clase, pero non foi tan bonito na continuidade... Non topar un traballo por ver moi reducidas as posibilidades a falta de titulacións, aparte das trabas físicas e/ou emocionais que me supoñen certos postos, non foi en absoluto a auga fresca que precisaba, senón máis ben un balde de esterco que colaborou na agonía, aínda que ben, sendo unha flor, a merda non pode facerme máis ca ben; así apeste mentres non chove o suficiente e todo o que hai na terra non dá manifestado a beleza que a toda natureza lle é propia.




A todo isto, eu estaba narrando o meu enfado actual, non era? E cal era? Era que, despois duns meses intentando remontar o meu peso ideal, reestruturando o meu sistema nervioso, coidándome moito para poder dar consellos dietéticos coa boca ben chea e, de novo enfocada en volver ás aulas na devandita convocatoria extraordinaria (na que se ofrecen clases de apoio un par de meses) resulta que perdín o dereito a examinarme durante este curso. Dáme a risa irónica, ésta que en psiquiatría lle chamaron "inapropiada"... me disculpen, pero cada un ten o seu sentido do humor! A min fanme gracia os chistes con tomates, a outros con tolleitos... cada un... en fin!



Remato que teño que rematar!!!



O punto principal aquí é que toda a ansiedade que se me veu enriba foi o efecto rebote de deixar de tomar unha medicación que afectaba tremendamente ao meu sistema nervioso (aparvándoo, pero a lo loco!) á que me vin sometida durante 5 anos -cando, en principio, sería ano e medio ou dous-, prolongada no tempo "como previsión" e finalmente prescrita como vitalicia baixo o mesmo motivo... pero previr que? Que volvese a ser quen era? É necesario previr que unha persoa sexa extremadamente sensible??? Durmíaseme para que non pensase por min mesma? Para que non agarrase esta carraxe por ir comprobando a merda que me facían meter no corpo? Perdón, perdón... estou faltando... pero unha cansa de que non se tomen en conta os dereitos humanos, cando presumimos de avanzados.



Bendito fin de semana que quedei sen pastillas e me percatei do tantísimo máis espabilada que me sentín aqueles días sen motivo aparente. Curiosamente, estaba en época de exames... e non vos imaxinades a tremenda concentración e rapidez de pensamento que notei! Olvidárame do que era ser eficiente!!! Oh My God, such a great sensation... Tanto tempo lonxe de min mesma, que nin me acordaba de cómo me sentía en plenitude...



Problemón foi cando o corpo se foi desfacendo pouco a pouco dos residuos daqueles adormecedores de neuronas e, despois de anos "relaxado", como que non daba feito con tanta actividade. Normal ou que? Pero agora, coleguitas... agora ímonos entendendo...



Imaxina a cadea dunha bici toda emporcallada, incluso collendo óxido. Andas nela con frecuencia e estás perfectamente acostumado ou acostumada a que rinda para o que ti precisas. Ora ben, colles un día, límpala como ten que ser e engráxala e parecerá case que voa, non? Coa forza que facías antes, agora pareceráche un mixirico o impulso que lle tes que dar ás pernas para o mesmo movemento, chegas moito antes aos sitios aos que acostumabas levala e incluso te propós facer grandes rutas con ela, rutas que nunca antes pensarías ser quen de facer...



Fácil o símil, non? Ti es "a mesma persoa" que mercou a bici, a súa cadea tamén. A diferencia é obvia, os motivos tamén e as consecuencias máis do mesmo.



Pois así... teño 30 anos e unha tremenda lucidez mental e capacidade de análise que non está documentada en ningún sitio. A pesar de ter entrado na Licenciatura de Tradución e Interpretación, non dei rematado a carreira por desánimos varios. Logo probei coa interpretación da Lingua de Signos, pero os efectos colaterais da medicación á que xa estaba supeditada, non me permitiron dar pé con bóla... Por último, con sobrada interese na saúde, tanto propia como allea, decidinme a estudar Dietética, pero nada, estamos nestas... Por tanto; igual eu teño un problema ou varios, pero "o sistema" no que vivimos non queda atrás, cando sucedeu isto cunha alumna considerada largo tempo como exemplar.



Menos mal que hai universidades por todo o mundo que ofrecen cursos gratuítos en liña, menos mal que teño unha familia que me apoia todo canto pode e máis e me axudan a soster as ganas de demostrar a miña valía, porque me coñeceron antes de enfermar de tristura e agonías varias... menos mal que me namorei ao tempo de caer neste sinsentido e teño un motivo firme polo que loitar porque, por min e para min, hai tempo que me esquecín de loitar. Teño un stellium na casa 7, non podía ser doutra maneira.



Son Virgo, polo que calquera coidado relacionado coa saúde e a alimentación vén de paquete comigo (igual ca a facilidade para os idiomas); tamén teño a Mercurio en Virgo, polo que a capacidade de estudo nestes campos (ou en calquera que me propoña, realmente) se ve acentuada -xa que Mercurio é o planeta que rixe o intelecto e no signo de Virgo está na súa rexencia, polo que "funciona más y mejor"-. O meu ascendente está en Piscis, polo que toooooooooooooooodo o meu enfoque e/ou forma de traballar se escapa do convencional para adentrarse na sensibilidade do sutil. Cando nacín, a lúa transitaba por Aries, polo que teño unha emotividade moi intensa e, de certa forma, descontrolada. Aries é un signo de moito "arranque", rexido polo planeta Marte, o que significa determinación, forza, incluso un toque de mala uva... menos mal que Venus, a esencia femenina, me tocou en Libra, signo do equilibrio, da beleza, das artes... esa será a muller que chegue a ser cando remate de curar "os estigmas" emocionais da lúa -se isto é posible-, que traen consigo karma familiar feminino... E non sigo coa carta astral, porque con ensinar un cacho da perna disque chega haha



Levo un tempo aprendendo radiestesia, encantaríame practicar Reiki, quero saber empregar as esencias florais de Bach, interpretar soños para buscar solucións aos problemas diarios, sería feliz traballando coa fitoterapia; complementar todo isto e calquera outra cousa que se me ocorra estudando a carta astrolóxica natal da xente... coitada de min que confesei nunha consulta que estaba estudando certos temas esotéricos... moi ilusionada o expresei, porque gracias a adentrarme en certos estudos fun entendendo moitos sentires que se escapaban dos coñecementos que ata daquelas tivera máis a man... a partir dese día comezaron cos antipsicóticos, cando levaba bastante tempo tan só con antidepresivos (2 diarios diferentes, pero ben... tratábaseme de tristura permanente, non dunha tolemia que non existe!). O resto máis ou menos xa o contei, pero quede en constancia que a pesar de todos os contratempos que poidan seguir xurdindo, a alimentación será a base do meu traballo diario de sanación mundial... pero ben, iso noutros capítulos, que dá para demasiado!



Quen me coñece sabe que me escapo do convencional. Faga o que faga, é raro que o faga coma calquera. Así poida ser a maior bendición coa que nacín nesta vida, pareceu que fose o contrario largo tempo... Se me mostro como son, míraseme raro. Se non o fago, enfermo! Por tanto, creo que este escrito é a miña mellor forma de liberación a todo risco de ser tachada polo que a calquera se lle poida dar por pensar, comentar directamente ou cuchichear onde e con quen lle preste. Xa me virán enerxías negativas cantas queiran, pero tamén vou sabendo como as botar fóra... e outra cousa que igual lles debería interesar a quen anda a falar por falar de mala maneira botando pestes e demais... todo canto envías, volve multiplicado. Coidade diso. Mínimo x3. Daí para norte... eu nada máis deixo constancia para quen me queira botar merda. Como xa dixen, son unha flor! E, como tal, vou transmutando coa axuda da auga, do sol, dos vermiños e tantos outros colegas que viven na terra... Deus nos ampare e nos dea sentidiño, que as uvas malas non dan bo viño!!



(e toma parea'o haha menuda poeta salada estou feita, que me brotan as rimas sen regalas! :P)





En fin, ía pechar xa, pero parecese que aínda non quedase a gusto de todo...

Debo comentar que igual este blog non ten ningún tipo de continuidade. Todo canto aquí puxen hoxe precisábao para pasar unha páxina moi pesada da miña vida. É duro asumir que non encaixas nun sistema, pero máis duro é que che boten a patadas del cando pretendes facer as cousas ben; de feito, non só ben, correctas, pasables... senón da mellor forma posible -sequera, que ti coñeces ou es quen de dar feito-.



É duro que a xente se contradiga, perxudicándoche, por motivos inhumanos e carentes de principios con explicacións que encobren mentiras. É duro asumir unha terceira grande "derrota" na miña educación superior. Sabedes que tan mal o pasei este tempo? Nin idea vos faredes porque teño a grande facilidade de abstraerme e enfocarme no momento no que falo con alguén, aparte de topar gracia en grandes chorradas rindo a esgalla con frecuencia (tamén é o que me dá a vida!). Non é doado que alguén me vexa a lagrimón vivo. Se che tocou verme nunha destas, podes crer que es "un escollido". Pouca, moi pouca xente me puido ver derrubada.



Motivo nº 1: Ninguén está favorecido cando lle treme o queixo e se lle pon o nariz a estoupar... por favor! Algo coqueta aínda son! Haha



Motivo nº 2: Creo que a miña parte alegre ten demasiado afán de protagonismo e volveu á sensible recelosa de se mostrar, a sabendas de que a primeira ten máis éxito (sequera vese feliz!).



O caso é que estou a rematar a 4ª folla no word coa impresión de non ter dito gran cousa (será que van tantas horas entre o si e o non que perdín consciencia do que aquí hai).



Para quen teña medo (se é que alguén chegou a ler ata aquí :P) xa digo que non, que nada que ver co proxecto do que tanto falei e andiven a argallar na cachola... non, non... Isto é un espazo de expresión persoal necesaria, sen máis! (ou igual minto, pero que non! Que minto no "sen máis"; que tremenda manía de explicar cada cousa que digo... que calarei porque teño que calar!) -encántame a homonimia dos verbos calar, hmmm acábome de percatar... interesante...-



Entón, a modo resumo, sabedes a síntese positiva de todo isto???



Que estou na mellor oportunidade para estudar -por fin- con liberdade o que máis me pete. E, así, formar a miña propia formación -que valla a redundancia, que valla!- facendo o remix que máis me preste. Non soa tan mal como dicir que non dei rematado 3 titulacións de "importancia", certo??



Qué moito me gusta darlle voltas a todo ata toparlle o bo xeito!





Xa suarei... pero agora, con moito gusto. Continúo sen ter "nada" (nada?) tanxible; pero de enfoque e actitude vou ben servida. E disto, benqueridos e benqueridas, fórmase o resto.



Ale, a descansar!



Bicos a esgallas e felicidades a quen dou rematado tremento tochaco dunha atacada haha Ole tú!